Obradoiro de Semana Santa

“PEQUEN@S GUERREIR@S ”

O venres 15 e o sábado 16 de abril, en horario de 13:00 a 14:00h, CastroDeza ofrece aos máis cativos unha nova oportunidade para aprender máis sobre a vida dos nosos antepasados da Idade de Ferro.

Pequen@s guerreir@s é un divertido obradoiro que xira en torno á importancia da figura dos guerreiros na sociedade castrexa e o seu universo simbólico. Os nenos e nenas que participen nesta actividade deberán empregar toda a súa creatividade en elaborar un orixinal puñal de antenas, arma e amuleto dos guerreir@s máis valorosos.

Actividade gratuíta para nenos e nenas a partir de 5 anos.

Máis información e reservas no 986 781 608 ou en castrodeza@depo.es