O centro Castrodeza (Gastrodeza) é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que forma parte do proxecto depoDeza, o cal promove un desenvolvemento socioeconómico equilibrado e sostible na comarca a través dos seus recursos endóxenos.

Castrodeza deseñouse conxuntamente co último proxecto de ampliación do Museo de Pontevedra; ambos espazos conforman o denominado Centro Virtual da Cultura Castrexa, que ten como propósito a posta en valor do patrimonio cultural da provincia, dando maior alcance á cultura castrexa como instrumento de dinamización.