O centro Castrodeza (Gastrodeza) é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que forma parte do proxecto depoDeza, o cal promove un desenvolvemento socioeconómico equilibrado e sostible na comarca a través dos seus recursos endóxenos.

Castrodeza deseñouse conxuntamente co último proxecto de ampliación do Museo de Pontevedra; ambos espazos conforman o denominado Centro Virtual da Cultura Castrexa, que ten como propósito a posta en valor do patrimonio cultural da provincia, dando maior alcance á cultura castrexa como instrumento de dinamización.

Castrodeza localízase no chamado Castro Tecnolóxico, un edificio vangardista construído polos arquitectos Luís M. Mansilla e Emilio Tuñón que alberga o Concello de Lalín entre outros servizos aos cidadáns.

Este edificio, que segundo os expertos constitúe unha referencia arquitectónica do s.XXI, parte do deseño circular, inspirado na tradición dos poboados castrexos. Foi inaugurado en 2013, ano no que tamén resultou premiado por la XII Bienal de Arquitectura e Urbanismo de España, na sección dedicada a símbolos cívicos.

edificio