Da terra ao prato

Un espazo composto por un gran muro interactivo dividido en cinco temáticas:

Que comían os poboadores dos castros

Nesta zona do muro preséntasenos unha forma diferente e orixinal de coñecer o receitario castrexo: extraíbles con citas de Estrabón, información sobre investigacións recentes, un gran quebracabezas acompañado de imaxes e sons que evocan a maneira de cociñar castrexa, etc. Todo elo con códigos QR que amplían a información e posibilitan a descarga de receitas.

Gastronomía como materialidade da paisaxe

Un interesante audiovisual que nos achega aos produtos da comarca de Deza como fundamento das numerosas feiras e romarías que enxalzan o sector gastronómico, atractivo turístico indiscutible desta comarca.

Paisaxe e clima, esencia da dieta atlántica

Este espazo conta con numerosos recursos multimedia que evidencian as bondades da dieta atlántica, da que Galicia é hoxe referente. Contén ademais un gran quebracabezas con información relativa á paisaxe, festas e produtos por estación do ano na provincia de Pontevedra.

Os sabores de Deza

Neste recuncho descubrimos a esencia de Gastrodeza, que representa os valores dunha cociña galega de interior caracterizada pola altísima calidade dos seus produtos e por unha gran tradición de festas e feiras gastronómicas.

O cocido

A Feira do Cocido converte a Lalín en referente gastronómico. Un audiovisual sobre a elaboración deste prato senlleiro da cociña galega representa o punto culminante deste espazo.
esp2