As actividades de Castrodeza constitúen un complemento ideal da visita á exposición. Están deseñadas co mesmo criterio de calidade que o programa de visita e combinan a didáctica coa parte lúdica e experimental, tendo a cultura castrexa e a comarca de Deza como eixo central.

Elaborar parte da vestimenta e panoplia propia dos guerreiros castrexos, coñecer a transformación e a evolución da paisaxe de Deza, participar nas tarefas propias dun laboratorio arqueolóxico ou descubrir a gastronomía como elemento estrutural dunha sociedade e dun territorio, son algunhas das actividades que farán desfrutar a nenos e maiores na súa visita a Castrodeza.

Todos os obradoiros, de aproximadamente 40 min. de duración, están adaptados a cada tipo de grupo en función dos seus intereses, idades e necesidades (mínimo 4 persoas).
Para participar nalgún dos obradoiros cómpre reservar previamente no teléfono 986 781 608 ou no correo electrónico castrodeza@depo.es.

guerreiros

Guerreiros de Deza

Caetra, sagum, torques, viria… Queres coñecer o significado e experimentar con estes e outros obxectos que formaban parte da vestimenta dos guerreiros da Idade do Ferro?

laboratorio

Laboratorio Castrexo

Dende o seu descubrimento ata que pasa a formar parte da vitrina dun museo, unha peza arqueolóxica pasa por varias etapas. Descubre as diferentes fases deste proceso no noso louco laboratorio.

alumea

Alumea no poboado

Aprende a controlar o único dos catro elementos da natureza capaz de congregar ao seu redor á comunidade humana e de contribuír no seu desenvolvemento como sociedade: o lume.

fusaiola

Fusaiola e liño

Que frío vas pasar se non dominas a arte do tear! Proba o traballo con teares, unha actividade tradicional moi vencellada aos nosos antepasados, os castrexos.

bosque

O bosque animado

Coñece a simbiose entre o ser humano e a paisaxe, testemuña do noso paso pola historia. Non permitas que se perda esta conexión, experimenta coa natureza e deixa a túa pegada.

sanmartino

No San Martiño, porco e viño

Porco, grelos e tradición, todo ben mesturado nunha saborosa cocción! Descubre en que consiste a tradicional porco killing galega, coñece os produtos e pratos máis prestixiosos da comarca e contribúe ao famoso receitario dezano coas túas innovadoras propostas.