Obradoiro de nadal

O venres 23 de decembro, en CastroDeza celebramos o Nadal cos máis pequenos da casa.

Pola mañá, dende as 11:00 ata as 13:30h, os nenos e nenas que se acheguen ao centro poderán participar nun obradoiro moi orixinal e creativo: aprenderán a fabricar plastilina ao xeito castrexo e con ela confeccionarán divertidos adornos para decorar a súa árbore de Nadal.

Tamén haberá tempo para repoñer forzas tomando xuntos un chocolate ben quentiño, todo elo de forma totalmente gratuíta.

Máis información e reservas no 986 781 608 ou en castrodeza@depo.es