Castrodeza, a través dun proxecto museográfico baseado nas novas tecnoloxías, ofrece ao visitante a oportunidade de redescubrir a paisaxe, profundar na relación do patrimonio coa memoria colectiva e coñecer a cultura gastronómica desta comarca; todo elo dun xeito atractivo e innovador.

O espazo expositivo ten unha superficie total de 299 m², repartidos en 4 espazos circulares:

Sala 1: O círculo, castros, territorio e paisaxe

Sala 2: De mouros e meigas, o imaxinario popular e a cultura castrexa

Sala 3: A memoria: mitos, lendas e cultura popular

Sala 4: Da terra ao prato