Castrodeza é un espazo orientado á divulgación e posta en valor da cultura castrexa, as súas lendas e gastronomía. Conta cun proxecto museográfico baseado nas novas tecnoloxías da información e a comunicación, ao servizo do patrimonio cultural que atesoura a comarca de Deza.

Atoparás toda a información que precisas para organizar a túa visita a Castrodeza nesta sección”.

Tipos de visita
Individual

Visita autónoma: Recibirás na recepción as indicacións necesarias para visitar o espazo expositivo de maneira libre e un folleto con información complementaria.

Visita guiada: A visita guiada ten unha duración aproximada de 45 min., durante os cales percorrerás a exposición acompañad@ dun guía especializado e coñecerás os principais recursos de Deza, unha comarca profundamente marcada pola cultura castrexa.

Servizo de visitas guiadas baixo reserva previa no 986 781 608  ou en castrodeza@depo.es

Grupos

Castrodeza ofrece diferentes modalidades de visita para grupos organizados (escolares, ANPAs, asociacións, etc.).

Para consulta e reserva de grupos debes poñerte en contacto connosco no teléfono de información e reservas,  986 781 608, ou ben no enderezo de correo electrónico castrodeza@depo.es