Castrodeza ofrece aos centros escolares un programa de actividades didáctico e ameno, adaptado ás necesidades e particularidades de cada grupo e nivel educativo.

Estas actividades están deseñadas para estimular a imaxinación e a curiosidade nos alumnos; con elas o que se pretende é que os rapaces acaden novos coñecementos, pero tamén que desfruten da experiencia e que poidan aprender divertíndose.

Planifica a visita

Para visitar Castrodeza co teu grupo escolar cómpre que fagas unha reserva previa; desta maneira, poderás deseñar unha xornada de actividades á vosa medida.

Como tramitar a reserva

Contacta connosco no teléfono 986 781 608 ou no correo electrónico castrodeza@depo.es

Concreta os seguintes aspectos:

Data escollida para a visita

Nome do centro

Horario aproximado de chegada e horario previsto de saída

Número de alumnos e mestres

Programa elexido

Programa didáctico

O programa didáctico de Castrodeza está pensado para que poidas deseñar a visita do teu grupo escolar a medida, en función das vosas necesidades e intereses.

Esta proposta didáctica está baseada nas visitas ao espazo expositivo e nunha ampla oferta de obradoiros, ambos adaptados ás diferentes etapas educativas. Como verás no programa, todas as actividades xiran en torno á cultura castrexa, a paisaxe, as lendas e a gastronomía da comarca de Deza.

A continuación, tes dispoñible toda a información para a túa visita escolar no noso programa didáctico:

Descarga