Obradoiro de tecido

Esta interesante proposta, deseñada de maneira conxunta por CastroDeza e o Museo Etnográfico Casa do Patrón, achéganos a unha das actividades máis habituais no interior das vivendas castrexas: o tecido.

O xoves 23 e o venres 24 de novembro, de 18:00 a 20:00 horas, os participantes no obradoiro terán oportunidade de experimentar o traballo con teares e comprender como esta actividade artesanal se mantivo formando parte das nosas tradicións ata o día de hoxe.

Máis información e inscricións no 986 781 608 e en castrodeza@depo.es; ou ben no 986 692 203 e en casadopatron@gmail.com.